Unha vida salvada merece ser vivida
con dignidade

Noticias 

© ADACE Lugo | 04/05/2022 | Grupo de memoria presencial de ADACE Lugo

A neuropsicóloga de ADACE Lugo imparte un grupo de memoria online e outro presencial

Están dirixidos a persoas con dano cerebral adquirido leve, que traballan a atención, razoamento, cálculo...

04/05/2022 | Lugo

A asociación ADACE Lugo mantén dous grupos de memoria dirixidos a persoas con dano cerebral adquirido leve. Un deles é presencial e outro telemático, e reúnense semanalmente baixo a dirección da neuropsicóloga da asociación de dano cerebral de Lugo para traballar a atención, o razoamento, o cálculo...

Estes grupos xa estaban instituídos, de xeito presencial, antes da pandemia. Coa chegada do coronavirus adaptáronse ao soporte online, a agora ADACE Lugo decidiu manter o desdobramento para facilitar a participación das persoas con dano cerebral da provincia que teñen maiores dificultades para desprazarse á cidade con tanta frecuencia.

Os grupos de memoria conta con 13 persoas participantes, todas elas con dano cerebral adquirido leve. Algunhas delas participan en máis actividades de ADACE Lugo, pero outras mesmo foron dadas de alta dos servizos de rehabilitación. A neuropsicóloga realiza neles diferentes actividades de estimulación cognitiva para reforzar a memoria, a capacidade de atención ou a de cálculo, a concentración, o razoamento, ou as habilidades sociais. Estas actividades poden ser lúdicas, de comentario da actualidade, ou, na versión online, empregando a ferramenta Neuronup.

Arquivada en:
O Dano Cerebral > Fases do dano cerebral > Crónica: vivir con dano cerebral adquirido
Recursos de Atención > Mapa de recursos > Asociación de Dano Cerebral de Lugo (ADACE Lugo)