Unha vida salvada merece ser vivida
con dignidade

Axenda

© FEGADACE | 24/05/2022 | Sesión informativa no Carballiño

Sesión informativa sobre o dano cerebral adquirido no Carballiño

A actividade, organizada por FEGADACE en colaboración co concello, vai ter lugar o 2 de xuño na Casa da Cultura.

02/06/2022 - 02/06/2022 | O Carballiño

A información sobre o dano cerebral adquirido chega ao Carballiño pola man da colaboración entre o concello ourensán e a Federación Galega de Dano Cerebral (FEGADACE). Unha das principais liñas de actuación da Federación é a información e sensibilización, cos obxectivos de dar a coñecer a realidade das persoas con dano cerebral, pero tamén de axudar a previr esta discapacidade, que afecta a máis de 35.000 persoas en Galicia.
 
A actividade informativa está dirixida a todo tipo de público e nela a traballadora social de FEGADACE vai falar da prevención das principais causas do dano cerebral (o ictus -que está detrás do 78% dos casos- e os accidentes de tráfico), e do modelo de atención e rehabilitación que se desenvolve nas asociacións galegas de dano cerebral, ditado polo Ministerio de Sanidade a través do Imserso. Centrarase especialmente en presentar o recurso asociativo máis próximo ao Carballiño: Renacer, a Asociación de Dano Cerebral de Ourense, que se ocupa de toda a área sanitaria.
 
Esta sesión vai ter lugar o xoves 2 de xuño ás 20:00 hh. no Salón de Actos da Biblioteca da Casa da Cultura do Carballiño. O acceso é libre, pero recoméndase inscribirse no teléfono 988 531 076.
 
A organización desta actividade conta coa colaboración do Concello do Carballiño e co financiamento da Consellería de Política Social, dentro dos programas con cargo á asignación tributaria do 0,7% do IRPF; é dicir, grazas ás persoas que marcan a X Solidaria na súa declaración da renda.
 
Lugar de celebración:

Salón de Actos da Biblioteca da Casa da Cultura do Carballiño
O acceso é libre, pero recoméndase inscribirse no teléfono 988 531 076
 

Arquivada en:
Que facemos > Servizos > Información sobre o dano cerebral
Recursos de Atención > Mapa de recursos > Federación Galega de Dano Cerebral (FEGADACE)