Unha vida salvada merece ser vivida
con dignidade

Noticias 

© FEGADACE | 22/09/2022 | Presentación en Lugo

Sesións informativas para presentar o servizo de asesoría xurídica

Van ter lugar en Lugo (26 de setembro), Ourense (3 de outubro) e Santiago (13 de outubro).

22/09/2022 | Lugo | Ourense | Santiago

FEGADACE organiza, en colaboración coas asociacións de Lugo, Ourense e Santiago, tres sesións informativas nas que o avogado Miguel Vieito Villar vai presentar, á nosa base social, o Servizo de Asesoría Xurídica. As sesións informativas diríxense tanto ás persoas con dano cerebral como ás súas familias e ás mesmas asociacións federadas.

A primeira sesión vai ter lugar en Lugo, no Salón de Actos da Casa María Mariño (Rúa Montefaro, 2). Será o luns 26 de setembro a partir das 18:00 horas.

Despois será a quenda de Ourense. Miguel Vieito desprazarase á sede de DCA Ourense (Rúa Clara Campoamor, 15) o día 3 de outubro, onde falará a partir das 16:30.

Por último, será a quenda de Sarela, en Santiago de Compostela. Programan na súa sede (Rúa de Pedro Cabezas González, 3), unha sesión que ocupará de 16:00 a 17:00 horas o día 13 de outubro.

Arquivada en:
Que facemos > Servizos > Servizo de Asesoría Xurídica
Recursos de Atención > Mapa de recursos > Federación Galega de Dano Cerebral (FEGADACE)