Unha vida salvada merece ser vivida
con dignidade

Noticias 

© CERMI Galicia | | Xornada Mulleres con Discapacidade Deportistas

Xornada online sobre 'Mulleres con Discapacidade Deportistas' o 21 de outubro

Organizada polo CERMI Galicia, conta coa presenza de Ana Ruiz Sancho, terapeuta ocupacional de Sarela.

07/10/2021 | Online

A Comisión da Muller do CERMI Galicia, da que forma parte FEGADACE, continúa traballando co obxectivo de dar visibilidade ás mulleres con discapacidade; desta vez, a través do deporte. É por iso que organiza unha xornada online sobre 'Mulleres con discapacidade deportistas' que vai ter lugar o 21 de outubro a partir das 11:00 hh.

A inscrición está aberta, é gratuíta, e pode formalizarse aquí: INSCRICIÓN XORNADA MULLERES CON DISCAPACIDADE DEPORTISTAS

O programa conta con dúas mesas; unha sobre experiencias deportivas, con mulleres que practican ao máximo nivel diferentes disciplinas -entre elas, a medallista Susana Rodríguez Gacio-, e outra sobre o deporte na saúde, na que vai intervir a terapeuta ocupacional de Sarela Ana Ruiz.

O CERMI Galicia  anuncia que a xornada vai contar con intérprete de lingua de signos e transcripción automática. Pon a disposición do público o enderezo cermi.galicia@once.es e o teléfono 981 206 900 ext. 121108 para calquera información ou consulta.

Eis o programa completo:
 
11:00 APERTURA
D. Luciano Fernandez Pintor. Presidente do CERMI Galicia
MODERADORA
Dna. Isabel Quintairos. Xornalista e representante do Comité en primeira persoa das persoas con problemas de saúde mental.

11:15 EXPERIENCIAS DEPORTIVAS
Dna. Susana Rodriguez Gacio. Medallista paralímpica triatlón adaptado.
Dna. Nuria Lopez Fernandez. Atleta en cadeira de rodas.
Dna. Ana Varela Mosteiro. Atleta cega
Dna. Patricia Fernandez González. Usuaria de zumba e jumping
Dna. María José Botana. Adestradora de fútbol sala.

11:45 O DEPORTE NA SAUDE
Dna. Paula García Tenorio. Técnica de Saúde pública na Consellería de Sanidade. Servizo de estilos de vida saúdables e educación para a saúde.
Dna. Zulema Rodríguez Spinelli. Responsable de Ocio e deportes de Saúde Mental FEAFES Galicia.
Dna. Carmela Gonzalez Lagarón. Vicepresidenta Special Olympics Galicia e vogal de FADEMGA Plena inclusión Galicia.
Dna. Ana Ruiz Sancho. Terapeuta ocupacional de Sarela.

12:30 PECHE
Dna. Dolores Venancio Vilaboy. Responsable da comisión da muller do CERMI Galicia.

Arquivada en:
Transparencia > Alianzas e plataformas > CERMI Galicia