Unha vida salvada merece ser vivida
con dignidade

Noticias 

© FEGADACE | 14/06/2022 | Aprazamento da Carreira e Andaina Solidaria

Aprazamos a Carreira e Andaina Solidaria #PoloDanoCerebral para o 18 de setembro

Trasladamos a proba deportiva para despois do verán, o que permitirá incorporar categorías escolares.

14/06/2022 | Santiago

A Carreira e Andaina Solidaria Camiñando Polo Dano Cerebral que estaba prevista para este domingo, 19 de xuño, foi aprazada para o 18 de setembro. A causa son algunhas dificultades organizativas que complicaron a inscrición.

As persoas que xa estaban inscritas están a ser contactadas por parte da Federación Galega de Atletismo para devolverlles os seus pagamentos.

A proba queda aprazada para o domingo 18 de setembro. Mantense o lugar e o percorrido, pola Alameda e o Campus Sur de Santiago. Porén, o importe da inscrición, tanto na carreira como na andaina, vaise reducir, para favorecer a participación.

Ademais, está prevista a inclusión de categorías escolares para facilitar a asistencia do público familiar, e todos os nenos e nenas de 0 a 10 anos, tanto na carreira como na andaina, van recibir un agasallo que desvendaremos proximamente.

O espazo para a inscrición mantense en www.carreirasgalegas.org. Ao longo do mes achegaremos todos os detalles.

FEGADACE quere agradecer a todas as persoas inscritas, doantes e patrocinadoras a súa colaboración con esta iniciativa. Vémonos en setembro, co novo regulamento, máis categorías, e toda a nosa solidaridade co dano cerebral!

Arquivada en:
Que facemos > Servizos > Prevención
Recursos de Atención > Mapa de recursos > Federación Galega de Dano Cerebral (FEGADACE)