Unha vida salvada merece ser vivida
con dignidade

Noticias 

© Pixabay | 04/08/2020 | Estrada

Pautas de seguridade vial á hora de realizar desprazamentos durante o verán

A segunda causa do dano cerebral son os traumatismos cranioencefálicos por accidentes de tráfico.

04/08/2020 | Galicia

Coa entrada do mes de agosto, os desprazamentos por estrada para iniciar as vacacións de verán aumentan, e isto fai necesario cumprir dúas regras básicas de seguridade vial: prevención e prudencia. Os traumatismos cranioencefálicos provocados por accidentes de tráfico, entre outras razóns, son a segunda causa do dano cerebral adquirido.
 
É por iso que nestes días é moi importante seguir unha serie de consellos á hora de realizar un desprazamento:
 
  • Antes de iniciar a viaxe debes realizar unha revisión ao vehículo (mecánica, freos, alumeado, etc), ademais de proverse de recambios como a roda de reposto.
  • Planifica a viaxe, consultando o estado das estradas, as rutas máis axeitadas ou os tempos e lugares de descanso, a través dos diferentes medios que a DGT ofrece.
  • Descansa de maneira suficiente antes de comezar a viaxe, evitando a inxesta de alcol ou de medicamentos que resulten incompatibles coa condución.
  • Utiliza sempre o cinto de seguridade, e respeta a sinalización e os límites de velocidade das diferentes estradas. 
  • Se a viaxe a realizas con sol, usa o parasol cunha inclinación suficiente para que forme unha viseira para protexer da luminosidade directa dos raios solares.
  • Tamén resulta conveniente o emprego de lentes de sol, prestando atención aos cambios de contraste e luminosidade.
  • Se fai calor, leva bebidas frescas e realiza paradas máis frecuentes.
  • E, por suposto, desfruta das vacacións.
 
Para ampliar esta información, podes acceder a páxina da Dirección General de Tráfico.

Arquivada en:
O Dano Cerebral > Educación para a saúde > Prevención do dano cerebral adquirido
Recursos de Atención > Mapa de recursos > Federación Galega de Dano Cerebral (FEGADACE)