Unha vida salvada merece ser vivida
con dignidade

Noticias 

© Fundación Línea Directa | 13/01/2022 | Portada do calendario solidario con FEDACE

Fundación Línea Directa lanza un calendario 'olímpico' a favor de FEDACE

Doce atletas de Tokio 2020 posaron con persoas con dano cerebral, entre elas unha usuaria de Sarela.

13/01/2022

A Fundación Línea Directa publicou onte, en colaboración coa Federación Española de Dano Cerebral (FEDACE), un calendario solidario que visibiliza ás persoas con Dano Cerebral e as súas familias. Nel doce atletas olímpicos e paralímpicos medallistas nos Xogos de Tokio 2020 como Alberto Fernández, Beatriz Ortiz ou Adi Iglesias posaron con doce persoas con dano cerebral.

O calendario púxose á venda a través de Amazon a un prezo de dez euros. Conta cunha marcada compoñente solidaria, xa que a recadación obtida irá destinada integramente a proxectos da Federación Española de Dano Cerebral. Ademais do recadado, a Fundación Línea Directa realizará unha doazón directa de 3.000€ á Federación.
 

Compra aquí o Calendario Solidario a favor de FEDACE

 
Deportistas de primeiro nivel

Cada un dos meses do calendario mostra fotografías conxuntas dun medallista olímpico ou paralímpico de Tokio 2020 xunto a unha persoa con dano cerebral usuaria dunha das asociacións membro de FEDACE, entre elas, unha usuaria de Sarela (as outras forman parte de ADACE CLM, AFADACS Torrejón, DACE Sevilla e ICAM Ictus Madrid).

Estas imaxes reflicten o paralelismo entre o esforzo deportivo e o afán diario de superación das persoas con dano cerebral por mellorar a súa autonomía e calidade de vida. Son fotografías de persoas con forza, coraxe e ilusión por sacar o mellor de si mesmas.

En concreto, as deportistas que aparecen no calendario son:
 
  • Adi Iglesias, ouro e prata atletismo paralímpico.
  • Alberto Fernández, ouro en tiro olímpico.
  • Álex Sánchez, bronce en tríatlon paralímpico.
  • Beatriz Ortiz, prata en waterpolo olímpico.
  • Carlos Arévalo, prata en piragüismo olímpico.
  • Iván Cano, prata en salto de lonxitude paralímpico.
  • Luis Miguel García- Marquina, bronce en ciclismo paralímpico.
  • Nico Rodríguez, bronce en vela olímpica.
  • Pablo Jaramillo, bronce en ciclismo paralímpico.
  • Pili Peña, prata en waterpolo olímpico.
  • Rodrigo Germade, prata en piragüismo olímpico.
  • Sarai Gascón, prata e bronce en natación paralímpica.
 
Sobre esta iniciativa solidaria, a directora xeral de Fundación Línea Directa, Mar Garre, destacou que “o obxectivo desta acción é recoñecer a loita diaria e o afán de superación tanto dos deportistas como das persoas con Dano Cerebral”.

Desde  EDACE agradeceuse o xesto da Fundación Línea Directa, que visibiliza o gran traballo de autosuperación que realizan as persoas con dano cerebral e as súas familias despois de que a súa vida cambie por completo de maneira súbita e inesperada: un esforzo diario que neste calendario solidario móstrase como un éxito olímpico.
 
Información extraída da páxina web de FEDACE.

Arquivada en:
Transparencia > Alianzas e plataformas > Federación Española de Daño Cerebral