Unha vida salvada merece ser vivida
con dignidade

Noticias 

© Wapsi | 20/09/2021 | Sistema de compra en Wapsi

Fai un xesto solidario coas persoas con dano cerebral nas túas compras online

FEGADACE súmase a Wapsi, unha ferramenta que recada fondos para ONGs sen cargo para o/a consumidor/a.

20/09/2021 | Online

FEGADACE sumouse á rede de entidades sen ánimo de lucro beneficiarias de Wapsi. Esta plataforma online reúne, por unha banda, a unha serie de empresas que contan con tenda online e, polo outro, a asociacións na procura de financiamento para os seus proxectos.

A recadación solidaria faise sen cargo para a persoa compradora, pois é a tenda quen reserva unha porcentaxe do prezo de venda para a entidade seleccionada. As entidades tamén participan de balde, xa que os gastos de xestión de Wapsi extráense desa porcentaxe que o comprador ou compradora decide destinar a este proxecto.

O sistema é moi sinxelo: acceder a Wapsi.org, buscar unha tenda, escoller unha ONG, e mercar.
 
Consulta aquí o noso perfil en Wapsi: FEGADACE

Arquivada en:
Transparencia > Financiadores
Recursos de Atención > Mapa de recursos > Federación Galega de Dano Cerebral (FEGADACE)