Unha vida salvada merece ser vivida
con dignidade

Noticias 

Os medios fanse eco do proxecto Saúde Oral, Garantía de Benestar das persoas con DCA

O xornal La Opinión A Coruña dedicoulle unha páxina ao proxecto galardoado na III Edición dos Premios de Innovación en Saúde da ACIS

04/05/2023 | A Coruña

A semana pasada o xornal La Opinión A Coruña dedicoulle unha reportaxe ao proxecto "Saúde Oral, Garantía de Benestar das persoas con dano cerebral adquirido" que recibiu o primeiro premio na modalidade de pacientes na III Edición dos Premios de Innovación en Saúde convocados pola ACIS, cuxo acto de entrega se desenvolveu o pasado 18 de abril na cidade da Coruña. Mediante unha ampla entrevista realizada á directora da federación, describe pormenorizadamente os obxectivos de traballo, accións desenvolvidas e o impacto acadado desde o seu inicio, pero tamén as proxeccións de continuidade desta iniciativa. 
 
Destaca o valor que as alianzas entre entidades como FEGADACE e institucións académicas do eido universitario teñen na mellora da calidade de vida das persoas con dano cerebral adquirido ou outras discapacidades. 
 
 
 

Arquivada en:
Que facemos > Servizos > Divulgación de coñecemento
Recursos de Atención > Mapa de recursos > Federación Galega de Dano Cerebral (FEGADACE)