Unha vida salvada merece ser vivida
con dignidade

Noticias 

© Pixabay | 29/04/2022 | Novas directrices de uso da máscara

Novo protocolo covid para aplicar en residencias e centros sociosanitarios

A obriga de usar máscara mantense para as persoas usuarias dos centros de día e ocupacionais.

28/04/2022 | Galicia

A Consellería de Política Social fixo público onte o novo protocolo covid da Xunta de Galicia para aplicar nas residencias de maiores e de persoas con discapacidade, así como nos demais centros sociosanitarios.

En xeral, as novas medidas tenden a unha relaxación das restricións: as persoas usuarias deixan de ter que levar máscara e non hai limitacións para saídas e actividades. Ademais, en caso de gromo (considerarase como tal a partir de tres casos vinculados epidemioloxicamente), estableceranse zonas para evitar o illamento nos cuartos.
 
Porén, a obrigatoriedade da máscara só decae nos centros residenciais. Nos sociosanitarios doutro tipo, como os centros de día ou ocupacionais, as persoas usuarias si deberán continuar empregando este dispositivo de seguridade contra os contaxios.

As persoas que ingresen por primeira vez terán que facer unha proba de detección. Ademais, as visitas precisarán contar con pasaporte covid e deberán solicitar cita no centro. Tanto elas, como provedores e traballadores e traballadoras dos centros deberán seguir empregando a máscara.
 

Arquivada en:
Recursos de Atención > Información para a atención > COVID-19