Unha vida salvada merece ser vivida
con dignidade

Noticias 

© FEGADACE | 18/09/2023 | Sesión informativa no salón de actos do HULA.

FEGADACE e ADACE realizan unha sesión informativa no Hospital Universitario de Lugo

A actividade contou coa asistencia de residentes que están a realizar a súa especialización médica.

19/09/2023 | Lugo

O Salón de Actos do Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA) de Lugo acolleu onte unha charla de información e sensibilización sobre o dano cerebral adquirido e as accións sociais, institucionais e técnicas desenvoltas pola Federación para acadar a autonomía e a mellora da calidade de vida das persoas do colectivo e das súas familias.
 
A actividade, impartida pola traballadora social de FEGADACE, Carla Miranda, e pola directora de ADACE-Lugo, Iria Abel Parga, celebrouse coa asistencia de 40 persoas no marco das 'Xornadas docentes de residentes de medicina comunitaria’, que mensualmente se realizan no complexo sanitario lugués co obxectivo de ofrecer formación permanente sobre diferentes temáticas ás e os residentes que están a rematar a súa especialización.
 
A presentación das principais liñas de actuación e os servizos de atención prestados pola Federación e ADACE, a asociación de referencia en Lugo, supón un paso máis no camiño cara ao avance no coñecemento e o recoñecemento da dimensión e especificidades do dano cerebral en todos os campos, unha tarefa estratéxica para acadar a mellora asistencial.
 

Arquivada en:
Que facemos > Servizos > Sensibilización
Recursos de Atención > Mapa de recursos > Federación Galega de Dano Cerebral (FEGADACE)