Unha vida salvada merece ser vivida
con dignidade

Noticias 

© Pixabay | 22/05/2020 | Uso obrigatorio de mascarilla

En vigor o uso obrigatorio da mascarilla se non se poden manter 2 metros de distancia

Posibilidade de exención para as persoas con dano cerebral adquirido que teñan alteracións de conduta.

22/05/2020

O 21 de maio entrou en vigor a disposición do Ministerio de Sanidade pola que se regula o uso obrigatorio de mascarilla durante a crise sanitaria orixinada pola COVID-19. A vixencia da norma esténdese ata a fin do estado de alarma.
 
Como norma xeral, o uso da mascarilla pasa a ser obrigatorio para toda a poboación sempre que non sexa posible manter unha distancia entre persoas de cando menos dous metros:
  1. na vía pública
  2. nos espazos ao aire libre
  3. en calquera espazo pechado de uso público ou que se atope aberto ao público
Sen embargo, existen diferentes excepcións por motivos de saúde e discapacidade que afectan ao colectivo de persoas con dano cerebral adquirido. En concreto, están exentas de empregar a mascarilla aquelas persoas que teñan unha contraindicación por motivos de saúde e/ou dificultade respiratoria debidamente xustificada, e tamén quen por causa da súa discapacidade presente alteracións condutuais que fagan inviable o uso deste dispositivo.
 
Existen ademais as excepcións do desenvolvemento de actividades que pola súa natureza fagan incompatible o uso da mascarilla, e as causas de forza maior ou situación de necesidade.
 
Consulta aquí o BOE coa disposición completa
 

Arquivada en:
Recursos de Atención > Información para a atención > COVID-19