Unha vida salvada merece ser vivida
con dignidade

Noticias 

© FEGADACE | 21/09/2022 | Luciano Fernández recibe o trofeo de Minerva García

Agurtzane Domingo súmase ás nadadoras de augas abertas #PoloDanoCerebral

A deportista donou a FEGADACE o trofeo que obtivo nunha travesía que coicidiu coa de Vilagarcía.

21/09/2022 | Santiago

O equipo de nadadores e nadadoras que portan a bandeira do dano cerebral adquirido non para de medrar. Desta volta, a nadadora de augas abertas Agurtzane Domingo, Arousawoman 2021, nadou #PoloDanoCerebral na Travesía de Limpias, en Cantabria. Esta proba coincidiu, o pasado 16 de xullo, coa Travesía a Nado Polo Dano Cerebral que organizou FEGADACE en Vilagarcía de Arousa.

Agurtzane Domingo quixo sumar as dúas probas e, aínda que participou na de Cantabria, obtendo o 3º posto, decidiu percorrer os 5 quilómetros de travesía nadando #PoloDanoCerebral. Oficializou esta acción solidaria entregando a FEGADACE, por medio de Minerva García (da Asociación Arousaman), o seu trofeo, que recolleu o presidente da Federación, Luciano Fernández.

Domingo, que adoita nadar pola visibilidade da Síndrome de Williams, particpa habitualmente no circuíto galego. Caracterízase por nadar sen neopreno en boa parte das ocasións, e en portar sempre unha causa solidaria.

A Federación Galega de Dano Cerebral agradece a súa iniciativa e o trofeo recibido. O seu exemplo como deportista non só contribúe á visibilización do dano cerebral adquirido, senón que axuda a promover a práctica deportiva, parte fundamental duns hábitos de vida saudable para a prevención do ictus, a primeira causa da nosa discapacidade.

Arquivada en:
Que facemos > Servizos > Prevención
Recursos de Atención > Mapa de recursos > Federación Galega de Dano Cerebral (FEGADACE)