Unha vida salvada merece ser vivida
con dignidade

Axenda

© FEGADACE | 20/10/2021 | Charla sobre o dano cerebral en Arteixo

FEGADACE imparte unha sesión informativa sobre o dano cerebral en Arteixo

Terá lugar na tarde do 26 de outubro, Día do Dano Cerebral, e cómpre inscribirse para asistir.

26/10/2021 - 26/10/2021 | Arteixo

A traballadora social de FEGADACE, Carla Miranda, vai impartir unha charla destinada a dar a coñecer que é o dano cerebral, cales son as súas principais causas, que mecanismos existen para a prevención e de que maneira organizamos o modelo de atención e rehabilitación. Diríxese tanto a persoas e familiares de persoas con dano cerebral como á poboación xeral; a calquera que queira saber mellor en que consiste e como se pode axudar a evitar o dano cerebral.
 
A charla vai ter lugar no Centro Arteixo Innovación, desa mesma localidade, a partir das 17:30. Para asistir é necesario inscribirse presencialmente no CIM (todos os días de mañá; martes e xoves tamén pola tarde), escribindo a muller@arteixo.org ou chamando ao 981 601 415
Lugar de celebración:

Centro Arteixo Innovación
17:30 hh.

Arquivada en:
Proxectos > Proxectos > Información sobre o dano cerebral
Recursos de Atención > Mapa de recursos > Federación Galega de Dano Cerebral (FEGADACE)