Unha vida salvada merece ser vivida
con dignidade

Axenda

© FEGADACE | 20/10/2021 | Charla sobre o dano cerebral en Nigrán

Charla sobre causas, prevención e rehabilitación do dano cerebral en Nigrán

A data da actividade informativa coincide coa conmemoración do Día do Ictus, o venres 29 de outubro.

29/10/2021 - 29/10/2021 | Nigrán

A traballadora social de FEGADACE, Carla Miranda, vai impartir unha charla destinada a dar a coñecer que é o dano cerebral, cales son as súas principais causas, que mecanismos existen para a prevención e de que maneira organizamos o modelo de atención e rehabilitación. Diríxese tanto a persoas e familiares de persoas con dano cerebral como á poboación xeral; a calquera que queira saber mellor en que consiste e como se pode axudar a evitar o dano cerebral.
 
A charla vai ter lugar no Auditorio Municipal de Nigrán a partir das 17:00. Para asistir é necesario inscribirse; información en www.nigran.es.
Lugar de celebración:

Auditorio Municipal
17:00 hh.

Arquivada en:
Que facemos > Servizos > Información sobre o dano cerebral
Recursos de Atención > Mapa de recursos > Federación Galega de Dano Cerebral (FEGADACE)