Unha vida salvada merece ser vivida
con dignidade

Axenda

© FEGADACE | 18/01/2021 | Fragmento do cartel que anuncia a mostra en Monforte

A exposición de fotografías 'Punto e seguido' chega a Monforte de Lemos

Poderá visitarse durante o mes de febreiro na Casa da Cultura Poeta Lois Pereiro.

- | Monforte de Lemos

A colección de fotografías 'Punto e seguido. A vida despois do dano cerebral adquirido', que retrata unha xornada na vida dunha persoa con esta discapacidade, continúa a súa itinerancia para chegar a Monforte de Lemos o 1 de febreiro. As imaxes, do fotógrafo Aigi Boga, poderán verse na Casa da Cultura Poeta Lois Pereiro ata o día 25 do mesmo mes.

Lugar de celebración:

Sala de Exposicións Casa da Cultura Poeta Lois Pereiro (Praza de España, 3)

Monforte de Lemos

Horario:

L-V: 10:00 a 13:30 e 16:00 a 21:00

Arquivada en:
Que facemos > Servizos > Sensibilización
Recursos de Atención > Mapa de recursos > Federación Galega de Dano Cerebral (FEGADACE)