Unha vida salvada merece ser vivida
con dignidade

Noticias 

© ADACE Lugo | 23/09/2022 | A familia na rehabilitación

A importancia da familia na rehabilitación do dano cerebral adquirido

Profesionais da neuropsicoloxía e do traballo social de ADACE Lugo asinan este artigo para Consumer.

 

23/09/2022

O arquivo de artigos sobre o dano cerebral adquirido publicados por Eroski Consumer grazas ao convenio de colaboración que asinou con FEGADACE non para de medrar. Cada dous meses, unha profesional ou profesionais dos equipos de atención das nosas asociacións asina un artigo no que trata, desde a súa perspectiva, algún aspecto de interese sobre o dano cerebral.

Este mes de setembro a familia é a protagonista. Elisa López Fernández (neuropsicóloga), Iria Abel Parga (traballadora social) e Pablo Freire Portela (traballador social), de ADACE Lugo, asinan conxuntamente un texto que subliña a importancia da familia, e do contorno da persoa, no contexto da rehabilitación. Accede ao artigo aquí:
 
A importancia da familia na rehabilitación do dano cerebral adquirido. Elisa López Fernández, Iria Abel Parga e Pablo Freire Portelaz, de ADACE Lugo (setembro 2022).
 
A continuación, a relación completa de colaboracións publicadas ata o momento:
 
Dano cerebral adquirido: que xestións facer e como acceder aos recursos. Eugenia Veloso Osuna, Olalla Domínguez Díaz e Laura Segade Fernández, de Sarela (xullo 2022).
 
Rehabilitación no dano cerebral adquirido, quo opcións hai e en que consisten?. Inés Cortés, Rebeca Yebra, María Penas, Lara Bermejo, Alejandro Belo e Beatriz Prada, de ADACECO (maio 2022).
 
Como previr o dano cerebral adquirido: atención e control dos seus factores de risco. José Antonio Fernández Delgado, educador social de Renacer (marzo 2022).
 
Dano cerebral adquirido: que é, causas e factores de risco. Sara Buxó Pérez, traballadora social de Alento (xaneiro 2022).
 
10 consellos para evitar a síndrome de burnout nas persoas coidadoras. Elisa López Fernández, neuropsicóloga de ADACE Lugo (novembro 2021).
 
O lecer, un dereito para as persoas con discapacidade como o dano cerebral adquirido. María José Hermida (terapeuta ocupacional) e Noelia Parente (educadora social), de Sarela (setembro 2021).
 
 
 

Arquivada en:
Que facemos > Servizos > Sensibilización
Recursos de Atención > Mapa de recursos > Asociación de Dano Cerebral de Lugo (ADACE Lugo)