Unha vida salvada merece ser vivida
con dignidade

Noticias 

© ADACE Lugo | 31/01/2023 | ADACE Lugo acude ao partido do Breogán

O Breogán dedicou o seu último partido á difusión do labor de ADACE Lugo

Familias e persoas usuarias da asociación acudiron ao encontro para visibilizar o dano cerebral adquirido.

31/01/2023 | Lugo

Un grupo de persoas usuarias de ADACE Lugo, xunto coas súas familias, asistiron o sábado 28 de xaneiro ao encontro do Club Baloncesto Breogán co Granada.

Fixéro grazas a unha iniciativa patrocinada pola Deputación de Lugo a través da que o Breogán empregou os seus perfís en redes sociais para difundir os servizos de ADACE e para sensibilizar sobre o dano cerebral adquirido.

A iniciativa incluíu tamén o convite á asociación a asistir ao xogo. Persoas con dano cerebral, familiares e profesionais animaron o sábado ao Breogán desde as bancadas do Pazo dos Deportes de Lugo.

Arquivada en:
O Dano Cerebral > Fases do dano cerebral > Crónica: vivir con dano cerebral adquirido
Recursos de Atención > Mapa de recursos > Asociación de Dano Cerebral de Lugo (ADACE Lugo)