Unha vida salvada merece ser vivida
con dignidade

Noticias 

© ARASAAC | 11/11/2022 | Centro de día

Ofertas de emprego en ADACE Lugo, ADACECO, Alento, Sarela e FEGADACE

Os perfís son de terapia ocupacional, traballo social, educación social, TCAE e técnico/a en integración social.

11/11/2022 | Galicia

A Federación e as asociacións galegas de dano cerebral adquirido veñen de facer públicas unha serie de ofertas de emprego dun ano de duración para o traballo en diferentes sedes e perfís profesionais.

As contratacións, en todas estas ofertas, están condicionadas á concesión da subvención para o fomento do emprego a través de programas de cooperación da Xunta de Galicia, no ámbito da súa colaboración coas entidades sen ánimo de lucro.

As ofertas de emprego están publicadas na sección da web de FEGADACE 'Traballa connosco'. Ese mesmo apartado tamén dispoñibiliza unha canle de envío espontáneo de CV, que pasan a formar parte do arquivo de FEGADACE e das súas asociacións para futuros procesos de selección.
 
Todos os contratos que se ofrecen son de 12 meses (de decembro de 2022 a decembro de 2023) ao 75% da xornada laboral, e están acollidos ás condicións expresadas polo XV Convenio Colectivo de Centros de Atención a Persoas con Discapacidade.

Os perfís e ofertas abertas ata o momento son os seguintes:
 
Perfil profesional Asociación Localidade Prazo aberto Ligazón oferta
1 Técnica/o en Coidados Auxiliares de Enfermería (TCAE) ADACE Lugo Lugo 30/11/2022 Preme aquí
2 Técnica/o en Coidados Auxiliares de Enfermería (TCAE) ADACECO A Coruña 30/11/2022 Preme aquí
2 Técnica/o en Coidados Auxiliares de Enfermería (TCAE) Alento Vigo 30/11/2022 Preme aquí
1 Técnica/o en Coidados Auxiliares de Enfermería (TCAE) Sarela Santiago 30/11/2022 Preme aquí
1 Técnica/o en Integración Social Sarela Santiago 30/11/2022 Preme aquí
1 Terapeuta Ocupacional Sarela Santiago 30/11/2022 Preme aquí
1 Traballador/a Social Sarela Santiago 30/11/2022 Preme aquí
1 Educador/a Social FEGADACE Santiago 27/11/2022 Preme aquí
1 Educador/a Social ADACECO A Coruña e Culleredo   Preme aquí
 
Ademais, fóra das convocatorias abertas no marco dos programas de cooperación da Xunta de Galicia, a asociación Alento tamén fixo pública unha oferta de emprego indefinido:
 
1 Terapeuta Ocupacional Alento Vigo 31/12/2022 Preme aquí
 
 
 

Arquivada en:
Traballa connosco > Traballa connosco
Recursos de Atención > Mapa de recursos > Federación Galega de Dano Cerebral (FEGADACE)