© Pixabay | | Discriminación
FEGADACE súmase ao CERMI na condena das declaracións de Juan García-Gallardo (Vox)
O Comité tacha de infames as verbas do vicepresidente de Castilla y León cara as persoas con discapacidade.
O Comité Español de Representantes de Persoas con Discapacidade (CERMI) tachou de infames e impropias dun comportamento civicamente decente as declaracións e actitude de Juan García-Gallardo, vicepresidente da Junta de Castilla y León polo partido político Vox, que supoñen unha afronta lacerante a todas as persoas con discapacidade.
A cultura política dunha rexión e dun país non poden edificarse sobre a ofensa e a desconsideración groseira dunha parte da cidadanía, como son as persoas con discapacidade, das que parece dubidarse do seu estatuto como seres humanos dignos e valiosos, situándoas en zonas de sombra nas que só existe o desprezo e o rexeitamento.
O CERMI deplora comportamentos parlamentarios de tan baixa esixencia moral e empraza a Juan García-Gallardo a rectificar de inmediato e á súa formación política a pedir desculpas, comprometéndose en diante a deixar de tratar ás persoas con discapacidade de forma ferinte e irrespetuosa.
O movemento social da discapacidade espera dos poderes públicos, dos seus responsables e dos partidos políticos conciencia, compromiso e acción decidida para realizar efectivamente os dereitos humanos das persoas con discapacidade, non palabras e condutas despreciativas que as vilipendian e pretenden negarlles o seu valor e dignidade inherentes.

Información do CERMI Estatal.