Unha vida salvada merece ser vivida
con dignidade

Noticias 

© Renacer | 21/06/2022 | Un traballador de Renacer, informando sobre o dano cerebral

Renacer participou no 'II Paseo pola Saúde' do Concello de Barbadás

Profesionais, familiares e persoas usuarias informaron sobre o dano cerebral e a asociación ourensá.

21/06/2022 | Barbadás

Un grupo de persoas usuarias, familiares e profesionais da asociación Renacer achegáronse o venres 3 de xuño a Barbadás para informar sobre o dano cerebral adquirido.

En concreto, participaron no 'II Paseo pola Saúde' que organiza o Concello de Barbadás para achegar á súa poboación o conxunto de entidades sociosanitarias da área metropolitana de Ourense, así como os servizos que ofrecen.

A Asociación de Dano Cerebral de Ourense pasou alí a xornada (a feira tiña horario de mañá e de tarde) informando sobre as causas, consecuencias e modelo de atención á nosa discapacidade, así como sobre os servizos proporcionados pola entidade.

Arquivada en:
Que facemos > Servizos > Sensibilización
Recursos de Atención > Mapa de recursos > DCA Ourense