Unha vida salvada merece ser vivida
con dignidade

Noticias 

© Pixabay | | Zona rural

Colabora co estudo da FEDACE sobre as persoas con dano cerebral no rural

A Federación solicita ás persoas que estean nesas circunstancias que cubran un cuestionario anónimo.

03/06/2022

A Federación Española de Daño Cerebral (FEDACE) está a realizar un estudo sobre a situación das persoas con dano cerebral que viven no rural para o que precisan colaboración.

Esta colaboración realízase cubrindo unha enquisa dirixida a persoas con dano cerebral adquirido que vivan no medio rural. A enquisa pode cubrirse:
 
 
FEDACE conta coa colaboración da consultora Intersocial para a realización deste estudo, no que están a recoller información de persoas con dano cerebral, familias, profesionais, e expertas/os.

No caso desta enquisa, pregan que na medida do posible sexa cuberta polas propias persoas con dano cerebral adquirido, coas apoios que sexan precisos en función do seu grao de autonomía.

Arquivada en:
Transparencia > Alianzas e plataformas > Federación Española de Daño Cerebral