Unha vida salvada merece ser vivida
con dignidade

Noticias 

© FEDACE | 20/06/2022 | Laura Abeledo, de ADACE Lugo, e Begoña Hermida, de FEGADACE (primeira e segunda pola dereita), coa nova Xunta Directiva da FEDACE

A Federación Española de Dano Cerebral renova a súa Xunta Directiva

O presidente de FEGADACE, Luciano Fernández, deixa ese posto en FEDACE, e a directora entra como tesoureira.

20/06/2022 | Madrid

As entidades da Federación Española de Dano Cerebral reuníronse o sábado no Centro de Referencia Estatal de Atención ao Dano Cerebral (CEADAC) para celebrar a súa asemblea anual. Nela, ademais de aprobar as contas anuais, o orzamento e o plan de acción, renovaron a Xunta Directiva da Federación.

Segundo o acordado, Ana Cabellos Cano, representante da asociación ADACE - Castilla La Mancha, foi designada como nova presidenta de FEDACE. Rocío de la Rosa Díez, de  FANDACE Andalucía; Ángel I. Sánchez, de ADACCA Cádiz; e Begoña Hermida Val, de  FEGADACE Galicia; acompañarán na Xunta Directiva como vicepresidenta, secretario e tesoureira, respectivamente.

María del Carmen Ferrer, da asociación ADACEA Alacante; Nekane Nograno García, de  ATECE Araba; e Laura Abeledo Lameiro, de ADACE Lugo; tamén forman parte da nova Xunta Directiva de FEDACE como vogais.

Desta forma, Luciano Fernández Pintor abandona o seu posto como presidente de FEDACE, que levaba ocupando desde xuño de 2016. No seu discurso de saída agradeceu o trato recibido por todas as entidades membro da Federación.

Nesta Asemblea estivo presente Luís Cayo Pérez, presidente do Comité Español de Representantes de Persoas con Discapacidade (CERMI), quen quixo acompañar á Xunta Directiva saínte e á entrante, desexándolles un bo traballo a favor das persoas con Dano Cerebral Adquirido e as súas familias.
 
Información extraída da web de FEDACE.

Arquivada en:
Transparencia > Alianzas e plataformas > Federación Española de Daño Cerebral
Recursos de Atención > Mapa de recursos > Federación Galega de Dano Cerebral (FEGADACE)