Unha vida salvada merece ser vivida
con dignidade

Axenda

© FEGADACE | 08/10/2021 | Charla sobre o dano cerebral en Cangas

Charla informativa sobre o dano cerebral adquirido en Cangas

Será na tarde do xoves 28 de outubro e cómpre inscribirse para asistir chamando ao 986 304 108.

28/10/2021 - 28/10/2021 | Cangas

A traballadora social de FEGADACE, Carla Miranda, vai impartir unha charla destinada a dar a coñecer que é o dano cerebral, cales son as súas principais causas, que mecanismos existen para a prevención e de que maneira organizamos o modelo de atención e rehabilitación. Diríxese tanto a persoas e familiares de persoas con dano cerebral como á poboación xeral; a calquera que queira saber mellor en que consiste e como se pode axudar a evitar o dano cerebral.
 
A charla vai ter lugar no Auditorio Municipal de Cangas o día 28 a partir das 18:00. Para asistir é necesario inscribirse chamando ao 986 304 108.
 
Lugar de celebración:

Auditorio Municipal
18:00 hh.

Arquivada en:
Que facemos > Servizos > Información sobre o dano cerebral
Recursos de Atención > Mapa de recursos > Federación Galega de Dano Cerebral (FEGADACE)