Unha vida salvada merece ser vivida
con dignidade

Noticias 

© Implícate Más | 16/05/2022 | Begoña Hermida, directora de FEGADACE, presenta o proxecto 'Promove, Entende, Actúa' en vídeo

Vota 'Dano Cerebral Adquirido: Promove, Entende, Actúa' na convocatoria Implícate +

FEGADACE opta ás 'Becas Implícate Más' de Boehringer Ingelheim para reforzar o proxecto de sensibilización.

30/05/2022 | Galicia

Votar 'Dano Cerebral Adquirido: Promove, Entende, Actúa' é moi sinxelo. Só hai que:
 
  1. Acceder á páxina web da 4ª Edición Becas Implícate Más
  2. Escoller DAÑO CEREBRAL ADQUIRIDO, ¡PROMUEVE, ENTIENDE, ACTÚA! | FEGADACE
  3. Pinchar en Votar proyecto
 
Con estes sinxelos tres pasos estás apoiando que a Federación Galega de Dano Cerebral poida ser unha das entidades beneficiarias das bolsas 'Implícate Más', que concede Boehringer Ingelheim para financiar proxectos ou iniciativas dirixidas á prevención de complicacións ou manexo de pacientes con ictus e doenzas cardiovasculares.

O proxecto de FEGADACE, 'Promove, Entende, Actúa', enmárcase na liña de "prevención de complicacións", xa que a través da "concienciación, sensibilización, divulgación e formación sobre o dano cerebral"  ten como obxectivos "reducir a incidencia e a prevalencia desta discapacidade na sociedade galega; previla, diagnosticala de forma precoz e mellorar a súa atención e o seu tratamento". Para acadar eses fins, FEGADACE desenvolve accións deportivas, culturais e de formación que fomentan hábitos de vida saudable para a prevención do ictus, que é a principal causa do dano cerebral.

A convocatoria de Boehringer Ingelheim conta co aval das sociedades SEMERGEN, SEMES, SEMFYC, SEMG, SEMI, SEN e SETH. Concederanse tres bolsas dotadas con 6.000 euros a da candidatura máis votada, 3.000 a segunda, e 2.000 a terceira clasificada.

Tes ata o 5 de xuño para apoiar a FEGADACE e axudar a previr o dano cerebral adquirido. Lembra, só son tres pasos: vota 'Dano Cerebral Adquirido: Promove, Entende, Actúa'!
 
Moitas grazas pola colaboración!

Arquivada en:
Transparencia > Financiadores
Recursos de Atención > Mapa de recursos > Federación Galega de Dano Cerebral (FEGADACE)