Unha vida salvada merece ser vivida
con dignidade

Noticias 

© Pixabay | | Pechadura dunha porta

Apertura gradual dos centros de día de atención a persoas con dano cerebral

ADACECO, ADACE Lugo e Alento reactivaron os seus servizos con todas as medidas de seguridade.

20/07/2020 | Galicia

Os centros de día de atención a persoas con dano cerebral adquirido levan semanas reclamando e preparando a súa reactivación con todas as medidas de seguridade tanto para as persoas usuarias como para os equipos técnicos.

FEGADACE e as súas asociacións, igual que outras entidades de discapacidade, solicitaron encarecidamente á Xunta a autorización de reapertura dada a situación de "emerxencia terapéutica e social" na que se atopan tanto as persoas con dano cerebral adquirido como as súas familias e coidadoras.

O goberno galego permitiu finalmente a apertura dos centros a partir do día 15 de xullo, sempre e cando cumpriran cos requisitos de dotar de formación específica en COVID-19 ao persoal técnico, contar con medidas e equipos de seguridade, e dispoñer dun protocolo específico aprobado pola correspondente área sanitaria.

Así, as asociacións de dano cerebral optaron por diferentes solucións, en función das necesidades das súas familias e da dotación de medidas de seguridade. ADACE Lugo abriu as súas portas o día 15, e ADACECO e Alento retoman hoxe a actividade nos seus centros de día. No caso de Renacer, non contan cun centro de día, senón coa prestación de terapias individuais, que foran autorizadas con anterioridade. Por último, Sarela optou por manter o peche ata o 1 de setembro, dada a inseguridade manifestada polas familias por temor a contaxios, e pola súa procura de alternativas de conciliación tralo primeiro anuncio da Xunta de manter os centros inactivos ata ese mes.

Arquivada en:
Recursos de Atención > Información para a atención > COVID-19
Recursos de Atención > Mapa de recursos > Federación Galega de Dano Cerebral (FEGADACE)