Unha vida salvada merece ser vivida
con dignidade

Noticias 

© FEDACE | | Captura do vídeo 'Temos algo que contarche'

FEDACE lanza unha campaña para recadar fondos para a atención ao dano cerebral

'Temos algo que contarche' sobre as dificultades que nos supuxo a pandemia da COVID-19.

23/07/2020

Nestes meses, as 43 entidades que compoñen o movemento asociativo de dano cerebral en toda España víronse forzadas a pechar os seus centros de atención presencial. Isto supuxo pasos atrás na rehabilitación das súas persoas usuarias, implicándolles problemas de ansiedade, de mobilidade ou de cambios de comportamento; entre outros. Co apoio telemático das asociacións, as familias das persoas con dano cerebral tiveron que responsabilizarse do coidado diario, significándolles unha importante carga a nivel temporal e emocional.

Explicámosche a situación neste vídeo, que a FEDACE titulou 'Temos algo que contarche':

Terminado o estado de alarma, a campaña lanzada por FEDACE busca recadar fondos para que os centros de atención ao dano cerebral poidan volver abrir as súas portas de forma segura. Necesitan equipos de protección individual (EPIs) e materiais de protección sanitaria, así como un apoio económico. Por iso piden colaboración á sociedade para que, a través da súa web https://fedace.org/donar_donacion.html, axuden a que as persoas con Dano Cerebral poidan recuperar as súas terapias de rehabilitación.

Queres colaborar co movemento asociativo do dano cerebral?

Podes facelo de xeito económico aquí ou escribir ao correo electrónico fedace@fedace.org para doar material sanitario.

Arquivada en:
Recursos de Atención > Información para a atención > COVID-19