Unha vida salvada merece ser vivida
con dignidade

Noticias 

© ADACECO | 23/05/2022 | O centro de ADACECO

Rehabilitación no dano cerebral adquirido, que opcións hai e en que consisten?

Publicamos unha nova colaboración na revista Eroski Consumer, asinada por profesionais de ADACECO.

23/05/2022

Un grupo de sete profesionais de ADACECO, responsables de diferentes disciplinas implicadas na rehabilitación integral da persoa con dano cerebral adquirido, asina unha nova colaboración de FEGADACE coa revista Eroski Consumer.

A publicación e a Federación manteñen unha liña de colaboración pola que FEGADACE achega un artigo bimestral no que se tratan diferentes aspectos relacionados co dano cerebral adquirido.

Desta vez, o texto explica por que a rehabilitación integral é fundamental para potenciar ao máximo as capacidades da persoa, adestrando para incrementalas e acadar unha mellor adaptación á nova vida tralo dano cerebral adquirido. A continuación, no artigo descríbense as diferentes áreas a rehabilitar, amosando como no dano cerebral adquirido é fundamental traballar desde diferentes áreas, abordando as distintas secuelas, para acadar o benestar integral da persoa.

Pódese ler o texto aquí:
 
Rehabilitación no dano cerebral adquirido, quo opcións hai e en que consisten?. Inés Cortés, Rebeca Yebra, María Penas, Lara Bermejo, Alejandro Belo e Beatriz Prada, de ADACECO (maio 2022).
 
A continuación, o arquivo completo de colaboracións:
 
Como previr o dano cerebral adquirido: atención e control dos seus factores de risco. José Antonio Fernández Delgado, educador social de Renacer (marzo 2022).
Dano cerebral adquirido: que é, causas e factores de risco. Sara Buxó Pérez, traballadora social de Alento (xaneiro 2022).
10 consellos para evitar a síndrome de burnout nas persoas coidadoras. Elisa López Fernández, neuropsicóloga de ADACE Lugo (novembro 2021).
O lecer, un dereito para as persoas con discapacidade como o dano cerebral adquirido. María José Hermida (terapeuta ocupacional) e Noelia Parente (educadora social), de Sarela (setembro 2021).
Como facer o Camiño de Santiago e previr o dano cerebral adquirido. FEGADACE (xullo 2021).
 

Arquivada en:
Que facemos > Servizos > Sensibilización
Recursos de Atención > Mapa de recursos > Federación Galega de Dano Cerebral (FEGADACE)