Unha vida salvada merece ser vivida
con dignidade

Axenda

© FEGADACE | 29/05/2023 | Charla sobre o dano cerebral en Allariz

Charla sobre o dano cerebral en Allariz coa Asociación de Mulleres Rurais Pegureiras

FEGADACE organiza unha sesión informativa no local social de San Mamede de Urrós o día 27 de xuño.

27/06/2023 - 27/06/2023 | Allariz

A información sobre o dano cerebral adquirido chega a Allariz pola man da colaboración entre a Asociación de Mulleres Rurais Pegureiras e a Federación Galega de Dano Cerebral (FEGADACE). Unha das principais liñas de actuación da Federación é a información e sensibilización, cos obxectivos de dar a coñecer a realidade das persoas con dano cerebral, pero tamén de axudar a previr esta discapacidade, que afecta a máis de 35.000 persoas en Galicia.

A sesión informativa está dirixida a todo tipo de público e nela a traballadora social de FEGADACE vai falar da prevención das principais causas do dano cerebral (o ictus -que está detrás do 78% dos casos- e os accidentes de tráfico), e do modelo de atención e rehabilitación que se desenvolve nas asociacións galegas de dano cerebral, ditado polo Ministerio de Sanidade a través do Imserso. Centrarase especialmente en presentar o recurso asociativo máis próximo a Allariz: DCA Ourense.

A charla vai ter lugar o martes 27 de xuño ás 16:00 hh. no local social de San Mamede de Urrós, en Allariz.

A organización desta actividade conta coa colaboración da Asociación de Mulleres Rurais Pegureiras e co financiamento da Consellería de Política Social e Xuventude, dentro dos programas con cargo á asignación tributaria do 0,7% do IRPF; é dicir, grazas ás persoas que marcan a X Solidaria na súa declaración da renda.
 
Lugar de celebración:

Local Social de San Mamede de Urrós
(Allariz)

Arquivada en:
Que facemos > Servizos > Información sobre o dano cerebral
Recursos de Atención > Mapa de recursos > Federación Galega de Dano Cerebral (FEGADACE)