Unha vida salvada merece ser vivida
con dignidade

Noticias 

© ADACE Lugo | 18/09/2018 | Actividade de buceo adaptado

ADACE Lugo proba o buceo adaptado no mar grazas á asociación Al agua sin limitaciones

Asistiron catro membros da entidade que xa tiñan contacto con esta actividade na piscina.

18/09/2018 | Xove | Lugo

"Bauticeiro no mar". Así denominou ADACE Lugo a actividade de buceo adaptado da que gozaron catro das súas persoas usuarias na primeira fin de semana de setembro. Apuntan a que é "no mar" precisamente porque as persoas asistentes xa tiñan probado previamente o buceo adaptado dentro da piscina, ampliando agora a experiencia á auga salgada.

Esta actividade de deporte inclusivo puido ser programada grazas á asociación Al agua sin limitaciones, que conta con monitores especializados en facilitar o acceso á auga a persoas con discapacidade. Al agua sin limitaciones organizou a actividade, no peirao de Portocelo (Xove), e convidou aos participantes -que pasaron todo o día de excursión- a xantar.

As persoas usuarias de ADACE Lugo mostráronse encantadas de facer buceo adaptado no mar, defíneno como unha "experiencia única" e como "un soño cumprido" despois de teren practicado na piscina. Desde a asociación indican que agardan repetir a actividade anualmente, dado o éxito da mesma.

Arquivada en:
Recursos de Atención > Mapa de recursos > Asociación de Dano Cerebral de Lugo (ADACE Lugo)