Unha vida salvada merece ser vivida
con dignidade

Noticias 

© Miguel Vieito Villar | 21/09/2018 | O xurista Miguel Vieito Villar

Os dereitos das persoas con DCA protagonizan a conferencia de Miguel Vieito

Especialista en Dereito á Saúde, realizará unha intervención no encontro do día 29 de setembro.

24/09/2018 | Santiago de Compostela

O exercicio de dereitos é unha condición fundamental para o benestar das persoas con dano cerebral adquirido, que atopan comunmente ameazado o seu pleno acceso á cidadanía. Este vai ser o tema abordado polo investigador en Dereito Miguel Vieito Villar na Xornada sobre o DCA. Miguel Vieito falará, desde o punto de vista xurídico, de 'Dereitos das persoas con Dano Cerebral Adquirido'.

Vieito é xurista e investigador, especialmente nas área do Dereito á Saúde e do Dereito Antidiscriminatorio. Colabora como voluntario e asesor con varias asociacións de pacientes, persoas usuarias de servizos médicos, persoas migrantes, menores de idade ou de membros do colectivo LGTBIQ+.

É membro da Asociación Europea de Dereito Sanitario, da Asociación Mundial de Dereito Médico, e do Comité de Ética Asistencial do CHUS (Santiago de Compostela).

Como consultor e asesor legal céntrase sobre todo nas materias do Dereito Médico e dos Dereitos Humanos. Forma parte, ademais, de diversos grupos de investigación, nacionais e internacionais; e é autor, en solitario e en colaboración, de múltiples traballos en publicacións dentro e fóra do país.

Inscrición na XornadaDCA
Programa completo

Arquivada en:
Que facemos > Servizos > Divulgación de coñecemento
Recursos de Atención > Mapa de recursos > Federación Galega de Dano Cerebral (FEGADACE)