Unha vida salvada merece ser vivida
con dignidade

Noticias 

© Miguel Anxo García | 21/09/2018 | O psicólogo clínico Miguel Anxo García

Exposición do psicólogo clínico Miguel Anxo García sobre autodeterminación e vida digna

Completará a abordaxe da calidade de vida na Xornada sobre o dano cerebral adquirido.

25/09/2018 | Santiago de Compostela

"Calidade de vida, vida digna e autodeterminación persoal" é o título da conferencia que o psicólogo clínico Miguel Anxo García vai presentar o día 29 na Xornada sobre o DCA. García é un dos máximos especialistas a nivel estatal na abordaxe do dano cerebral; é membro do Comité Técnico Asesor de FEDACE e está intimamente relacionado co nacemento do movemento asociativo do DCA (exerceu como secretario da asociación Sarela entre 2001 e 2005).

Exerce como psicólogo clínico do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago, é diplomado en Alta Dirección Hospitalaria (ESADE-FEGAS) e mestrado en Bioética e Dereito pola Universidade de Barcelona.

Foi presidente do Comité de Ética Asistencial do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago desde 2008 ata 2015; codirector do Mestrado de Neuropsicoloxía Clínica (Departamento de Psicoloxía Clínica e Psicobioloxía da Universidade de Santiago de Compostela); membro da Comisión Nacional de Psicoloxía Clínica a proposta da Comisión de Recursos Humanos do Sistema Nacional de Saúde. Continúa a ser titor docente da Especialidade de Psicoloxía Clínica. Foi recoñecido como colexiado de honra polo Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia.

Autor de diversas publicacións sobre ética asistencial, atención psicoterapéutica a persoas con dano cerebral, sexualidade, planificación asistencial...

Inscrición na XornadaDCA
Programa completo

Arquivada en:
Que facemos > Servizos > Divulgación de coñecemento
Recursos de Atención > Mapa de recursos > Federación Galega de Dano Cerebral (FEGADACE)