Unha vida salvada merece ser vivida
con dignidade

Noticias 

© FEGADACE | 21/11/2018 | O grupo de persoas asistentes ao respiro

A actividade de respiro para coidadoras reúne a 38 familiares de persoas con DCA

O grupo pasou a xornada de descanso, que tivo lugar o 10 de novembro, no balneario de Arnoia.

21/11/2018 | Arnoia

O sábado 10 de novembro FEGADACE organizou un respiro para persoas coidadoras, que reuniu a 38 familiares de usuarios e usuarias das cinco asociacións federadas. O grupo pasou o día no balneario de Arnoia, onde gozaron dun circuíto termal e dun xantar conxunto.

Aínda que habitualmente a actividade de respiro se dirixe ás persoas con dano cerebral, desta vez a Federación quixo que os coidadores e coidadoras (mulleres na súa gran maioría) foran esta vez protagonistas e beneficiarios/as directos/as.

Coa viaxe facilitouse o seu descanso da actividade de coidados, ao tempo que puideron compartir unha xornada de lecer con outras persoas que viven coa mesma problemática.

Arquivada en:
Que facemos > Servizos > Voluntariado
Recursos de Atención > Mapa de recursos > Federación Galega de Dano Cerebral (FEGADACE)