Unha vida salvada merece ser vivida
con dignidade

Noticias 

© ADACE Lugo | 22/03/2019 | Os grupos de ADACE Lugo e da asociación 'Al agua sin limitaciones'

Seis persoas de ADACE Lugo participaron nunha actividade de buceo adaptado

No mes de setembro probarán no mar despois desta sesión nunha piscina luguesa.

22/03/2019 | Lugo

Seis persoas usuarias de ADACE Lugo tiveron a oportunidade de probar o buceo adaptado grazas á colaboración da asociación 'Al agua sin limitaciones'.

Trátase dunha actividade deportiva singular, na que as persoas con dano cerebral poden facer buceo sen risco ningún grazas ás indicacións do grupo de profesionais de 'Al agua sin limitaciones'.

Despois desta sesión na piscina municipal de FRIGSA, en Lugo, haberá unha nova actividade de buceo adaptado no mar, que terá lugar en setembro. ADACE Lugo quere facer desta unha actividade anual pola súa boísima valoración entre as persoas usuarias, e polo que implica de plena inclusión nos deportes acuáticos.

Arquivada en:
O Dano Cerebral > Fases do dano cerebral > Crónica: vivir con dano cerebral adquirido
Recursos de Atención > Mapa de recursos > Asociación de Dano Cerebral de Lugo (ADACE Lugo)