Unha vida salvada merece ser vivida
con dignidade

Noticias 

© FEGADACE | | Información do sorteo de dez exemplares de 'Iridium'

O noso repositorio de experiencias énchese de textos sobre o dano cerebral adquirido

O prazo para enviar escritos ao sorteo de 10 exemplares da novela 'Iridium' segue aberto ata o 22 de abril.

17/04/2019 | Galicia

O sorteo de dez exemplares da novela Iridium, de Francisco Castro, continúa aberto ata o 22 de abril. As persoas gañadoras daranse a coñecer o 23, Día do Libro. Mentres, quen desexe optar a recibir un exemplar de Iridium asinado polo seu autor, pode enviar un texto de entre 100 e 300 palabras a opina@fegadace.org, ou a través de mensaxe directa ás nosas contas de Facebook e Twitter.

FEGADACE recibiu ata o momento 33 variadísimos relatos con experiencias persoais, lembranzas de persoas con DCA, louvanzas ás asociacións... que foron remitidos por unha enorme variedade de autoras e autores.

Contamos con textos de escritoras e escritores como Anxos Sumai, Rosa Aneiros, Manuel Esteban, Inma López Silva, María Canosa ou Anna R. Figueiredo. Tamén con testemuños de familiares, persoas coidadoras e amigas de outras con DCA. Desde as asociacións chegan relatos en primeira persoa de usuarias e profesionais. Outras colaboracións moi especiais son as de Aurora Lassaletta (psicóloga clínica que ten dano cerebral adquirido) e Iago Pérez Santalla (educador social e escritor con discapacidade). Todas elas poden consultarse na sección Repositorio de experiencias.

Consulta aquí as bases do sorteo

Arquivada en:
Proxectos > Proxectos > Sensibilización
Recursos de Atención > Mapa de recursos > Federación Galega de Dano Cerebral (FEGADACE)