Unha vida salvada merece ser vivida
con dignidade

Noticias 

© FEGADACE | 23/04/2019 | Sorteo polo Día do Libro

FEGADACE celebra o Día do Libro sorteando dez exemplares asinados de 'Iridium'

Máis de 40 persoas participaron na convocatoria enviando un texto sobre a súa visión do dano cerebral.

23/04/2019 | Santiago

FEGADACE celebra o 23 de abril, Día do Libro, sorteando dez exemplares da novela Iridium asinados polo seu autor, Francisco Castro.

O sorteo celebrouse esta mañá e as persoas agraciadas, que xa recibiron unha comunicación individualizada, son:

Manolo, de ADACE Lugo
Pablo Nogueira Campo
María J. Novo
Beatriz García Turnes
Beni Lago
Berta, de ADACE Lugo
Xoán Carlos Domínguez Alberte
Javier Quinte Pérez
Antía Fernández
Mª Oliva Filgueira Peña

A Federación quere darlles os parabéns e agradecer fondamente a participación das máis de 40 persoas que remitiron textos sobre o DCA para participaren no sorteo. A colección completa pode lerse no noso Repositorio de experiencias.

Ademais, aproveitamos a ocasión para animar a todas as persoas a ler. Facéndoo facemos traballar o cerebro, estimulamos a imaxinación, e fortalecemos este órgano vital evitando o deterioro cognitivo e tamén o risco de ictus. Ademais, abrimos un mundo de oportunidades, aventuras e diversión sen necesidade de movernos da casa.

Desexámosvos que teñades un feliz Día do Libro!

Arquivada en:
Proxectos > Proxectos > Sensibilización
Recursos de Atención > Mapa de recursos > Federación Galega de Dano Cerebral (FEGADACE)