Unha vida salvada merece ser vivida
con dignidade

Noticias 

© Francisco Castro | 20/05/2019 | Iridium en galego, castelán, catalán e euskera (de esquerda a dereita)

Publicadas as edicións en catalán e en castelán da novela 'Iridium'

O libro, do escritor Francisco Castro, está protagonizado por unha moza que ten dano cerebral adquirido.
 

20/05/2019

Boas novas para as lectoras e lectores en catalán e castelán. Desde este mes de maio, a novela Iridium está dispoñible nas dúas linguas grazas ao labor das editoriais Tándem (catalán) e Algar (castelán).

A novela, escrita por Francisco Castro en galego e publicada en setembro de 2019 pola editorial Galaxia, saíu tamén en euskera hai poucas semanas.

Francisco Castro colaborou para este libro con FEGADACE e con Alento. Fíxoo durante o período de documentación, pero tamén a través da doazón do 2% dos beneficios da ambas entidades, e por medio de presentacións en centros educativos nas que tiveron presenza tanto o escritor como a neuropsicóloga de Alento, Amparo Rodicio.

Arquivada en:
Proxectos > Proxectos > Sensibilización
Recursos de Atención > Mapa de recursos > Federación Galega de Dano Cerebral (FEGADACE)