Unha vida salvada merece ser vivida
con dignidade

Noticias 

© FEGADACE | 03/06/2019 | Asistentes ao respiro para persoas coidadoras de 2018

Vota por 'Respiro ao DCA', un proxecto para persoas con dano cerebral e coidadoras

Obterá financiamento se é unha das 50 iniciativas máis respaldadas da convocatoria de Cinfa.

11/06/2019 | Santiago

A Federación Galega de Dano Cerebral solicita apoio para o seu proxecto 'Respiro ao DCA', unha iniciativa para desenvolver e financiar dúas actividades de respiro familiar: unha destinada ás persoas con dano cerebral, e outra dirixida ás persoas coidadoras.

Axudar é moi sinxelo: só cómpre acceder a esta ligazón e facer click en 'Votar'. A convocatoria, lanzada por Cinfa, conmemora os 50 anos da empresa financiando os 50 proxectos que máis apoio obteñan a través da votación popular.

'Respiro ao DCA'

O proxecto inclúe dous apartados. Por un lado, unha actividade de ocio para persoas usuarias das asociacións de FEGADACE que consiste nunha estancia de fin de semana para a realizacion de actividades culturais, deportivas e de lecer. Por outro lado, levarase a cabo unha actividade dirixida a familias e, moi especialmente, ás persoas coidadoras principais, para promover o seu descanso e facilitar que pasen tempo con máis xente na súa mesma situación.

O obxectivo das actividades de respiro familiar é facilitar o descanso e evitar a sobrecarga das persoas coidadoras. Con estas dúas propostas promóvese tanto o seu descanso saíndo da casa, facilitando o coidado da persoa con dano cerebral, como a súa permanencia, sendo a persoa en situación de dependencia quen sae e goza dun tempo de lecer en compañía.

Votación

O período de votación abriuse hoxe e permanecerá accesible ata o 30 de setembro. Nesa data saberase cales son as iniciativas máis apoiadas. As 50 primeiras recibirán 5.000 euros de financiamento para a súa execución.

Arquivada en:
Proxectos > Proxectos > Accesibilidade e TIC
Recursos de Atención > Mapa de recursos > Federación Galega de Dano Cerebral (FEGADACE)