Unha vida salvada merece ser vivida
con dignidade

Noticias 

Bótasnos unha man cubrindo unha breve enquisa sobre como comunicamos?

Estamos elaborando un novo Plan de Comunicación e queremos revisar a nosa maneira de falar convosco.

06/06/2019 | Santiago

En FEGADACE estamos elaborando un novo Plan de Comunicación e queremos revisar a nosa maneira de comunicarnos coas persoas que nos rodeades. Axudádesnos a saber que tal o facemos?

Para botarnos una man, pedímosvos que cubrades a seguinte enquisa; é moi sinxela e non vos vai levar máis de dous minutos.

PINCHA AQUÍ PARA ACCEDER Á ENQUISA

Más Social Comunicación

FEGADACE está a desenvolver este proxecto co apoio da Fundación Barrié a través da súa convocatoria Más Social Comunicación 2018-2019, dentro da liña 'Consultoría en comunicación externa'. A Federación está a recibir apoio no deseño, seguimento da implantación e avaliación dun plan de comunicación externa.

Arquivada en:
Proxectos > Proxectos > Formación interna
Recursos de Atención > Mapa de recursos > Federación Galega de Dano Cerebral (FEGADACE)