Unha vida salvada merece ser vivida
con dignidade

Noticias 

© FEGADACE | 13/06/2019 | Mª Jesús Lage, unha das protagonistas da exposición 'Punto e seguido'

'Punto e seguido' continúa na sala Apo'strophe.arte de Vigo ata o 3 de xullo

Na presentación falaron Luciano Fernández, presidente de FEGADACE, e Mª Jesús Lage, usuaria de Alento.

13/06/2019 | Vigo

Esta mañá presentouse en Vigo a mostra 'Punto e seguido. A vida despois do dano cerebral adquirido'. A colección de fotografías pode visitarse na galería Apo'strophe.arte, no Centro Comercial Plaza Elíptica, ata o 3 de xullo.

No acto participaron Gracinda Pampillón, a presidenta de Alento, e Luciano Fernández, o presidente de FEGADACE, que agradeceron á sala, aos financiadores da mostra e, sobre todo, ás persoas con dano cerebral, "verdadeiras protagonistas", a súa implicación no proxecto.

Pechou a presentación Mª Jesús Lage, usuaria de Alento e unha das protagonistas da exposición e tamén do vídeo 'Punto e seguido', contando a súa experiencia coa chegada do dano cerebral adquirido.

Ademais, proxectouse o vídeo de Alento, coas intervencións de Mª Jesús, da súa parella, Pastora Acuña, e da traballadora social da entidade, Alba Fernández. Xuntas compoñen unha realidade que evidencia a carencia de axudas e recursos existentes actualmente para as persoas con DCA.

No marco do proxecto 'Punto e seguido', ademais da colección de fotografías e da curtametraxe principal, de sete minutos, elaboráronse pequenos vídeos de cada unha das asociacións, nos que se afonda máis detalladamente en cada un dos casos das persoas con dano cerebral protagonistas.

Arquivada en:
Proxectos > Proxectos > Sensibilización
Recursos de Atención > Mapa de recursos > Federación Galega de Dano Cerebral (FEGADACE)