© ADACECO | 21/06/2019 | Curso de vendaxe neuromuscular
ADACECO organiza un curso de vendaxe neuromuscular en afeccións neurolóxicas
Dirixido a fisioterapeutas e terapeutas ocupacionais, vaise desenvolver do 8 ao 10 de novembro.
Tralo anuncio do curso sobre Órtese na man neurolóxica, ADACECO lanza unha nova convocatoria de formación, tamén dirixida a fisioterapeutas, terapeutas ocupacionais, e estudantes de ambas disciplinas, sobre Vendaxe neuromuscular en afeccións neurolóxicas.
O docente vai ser Carlos Villarón Casales, que é fisioterapeura e coordinador da titulación de Fisioterapia na Universidade Europea de Valencia.
O curso vai ter lugar os días 8, 9 e 10 de novembro na sede de ADACECO, e o prazo de inscrición está aberto ata o 1 de outubro, ou ata esgotar prazas. Hai un desconto para estudantes e outro para profesionais se a inscrición se formaliza antes do 15 de xullo. Este é o formulario no que tramitala.
Para ampliaar información pódese chamar ao 981 075 259 ou escribir ao enderezo de correo electrónico formacion@adaceco.org.