Unha vida salvada merece ser vivida
con dignidade

Noticias 

© DGT | | Operación de verán da DGT

Oito consellos para unha condución segura na operación saída e durante todo o verán

Os traumatismos cranioencefálicos por accidentes de tráfico son a segunda causa do dano cerebral adquirido.

28/06/2019 | Galicia

Comezan o verán e a calor, e con eles as vacacións e a operación saída. Se vas viaxar no teu propio vehículo, presentámosche oito consellos fundamentais para evitar accidentes de tráfico, que son a segunda causa do dano cerebral adquirido:

1. Revisa que o coche funcione correctamente antes de saír (neumáticos, limpaparabrisas, aceite...).
2. Programa a viaxe con antelación, tendo en conta as restriccións e rutas alternativas que ofrece a DGT. Evitarás atascos e poderás prever mellor a duración da viaxe.
3. Usa sempre o cinto de seguridade ou o casco no caso de viaxares en moto. Aquí están todas as normas de seguiridade viaria.
4. Coidado co sol: utiliza lentes protectores ou evita as horas de máis luz do día. A claridade resta visibilidade.
5. Mantén o coche ventilado ou prende o aire acondicionado, realiza paradas cada dúas horas e lembra hidratarte continuamente con bebidas frescas.
6. Evita comidas demasiado abundantes, bebidas estimulantes e, por suposto, cero alcol.
7. Respecta os límtes de velocidade e axústaa ás condicións da vía.
8. Desfruta as túas vacacións!

E, para ampliar esta información, visita a web de Operacións Especiais da DGT.

Arquivada en:
O Dano Cerebral > Educación para a saúde > Prevención do dano cerebral adquirido
Recursos de Atención > Mapa de recursos > Federación Galega de Dano Cerebral (FEGADACE)