Unha vida salvada merece ser vivida
con dignidade

Noticias 

© Pixabay | | Esquema de ideas

FEGADACE busca asesoría para elaborar a Planificación Estratéxica 2020-2023

Publicados os Termos de Referencia para a contratación do servizo; recibiranse propostas ata o 29 de xullo.

04/07/2019 | Santiago

FEGADACE vén de abrir un proceso de busca dun servizo de asesoría técnica especializada para a elaboración da Planificación Estratéxica 2020-2023 da Federación. Con ese obxectivo, fanse públicos os Termos de Referencia para a contratación do servizo, que se poden consultar en galego e en castelán.

O documento recolle unha breve presentación sobre os antecedentes e a situación actual da Federación, que ten a súa última planificación estratéxica prorrogada ata este ano. Define as actividades requiridas e o perfil e experiencia da empresa ou persoa consultora. Tamén establece os prazos de traballo orientativos.

A Federación recollerá propostas ata o 29 de xullo ás 12:00. Remitiranse preferentemente a través do enderezo electrónico fegadace@fegadace.org, ou ao enderezo postal de FEGADACE (Rúa Galeras, 17, 2º, oficina 5, 15705, Santiago de Compostela).

Arquivada en:
Transparencia > Documentos corporativos
Recursos de Atención > Mapa de recursos > Federación Galega de Dano Cerebral (FEGADACE)