Unha vida salvada merece ser vivida
con dignidade

Noticias 

© Empresa Solidaria | 05/07/2019 | X Empresa Solidaria

A X Solidaria esténdese ás empresas a través do Imposto de Sociedades

Desde xullo as corporacións tamén poden colaborar asignando o 0,7% da súa declaración a fins sociais.

05/07/2019

A X Solidaria esténdese este ano ás empresas grazas á incorporación do cadro de Fins Sociais no Imposto de Sociedades. Así, aquelas corporacións que queiran acadar un mundo máis xusto, inclusivo e igualitario poden colaborar, seguindo a lóxica de funcionamento da X Solidaria, decidindo que o 0,7% da súa tributación se destine a Fins Sociais.

Como ser unha empresa solidaria? Aínda que a casiña non ten o nome de Fins Sociais, é moi doada de identificar. Ten dous nomes en función de se a entidade cobre o modelo 200 ou o modelo 220:

Modelo 200 > Otros caracteres > Casilla 00073 [Opción del 0,7% de la cuota íntegra para fines sociales]
Modelo 220 > Otros caracteres > Casilla 069 [Opción del 0,7% de la cuota íntegra para fines sociales]

FEGADACE únese á campaña que está desenvolver o terceiro sector para animar ás empresas a que marquen este cadro e axuden a que as entidades sociais poidamos desenvolver programas como de información e prevención do dano cerebral adquirido en zonas rurais de Galicia.

Hai máis información en Empresa Solidaria.

Arquivada en:
Transparencia > Alianzas e plataformas > X Solidaria
Recursos de Atención > Mapa de recursos > Federación Galega de Dano Cerebral (FEGADACE)