Unha vida salvada merece ser vivida
con dignidade

Noticias 

© Renacer | 05/08/2019 | Fragmento do cartel do curso de fisioterapia respiratoria

Renacer organiza un curso de fisioterapia respiratoria en outubro

A inscrición no obradoiro, que se vai desenvolver na fin de semana do 18 ao 20 dese mes, está aberta.

05/08/2019 | Ourense

A asociación ourensá de dano cerebral adquirido, Renacer, organiza en outubro un curso aberto sobre 'Fisioterapia nas afeccións respiratorias no paciente adulto'.

A formación vai ter lugar na fin de semana do 18 ao 20 de outubro nas instalacións de Aixiña, onde ten a súa sede Renacer. En concreto, os horarios serán os seguintes:

  • Venres 18: 15:00 a 21:00
  • Sábado 19: 09:00 a 13:30 e 15:00 a 18:30
  • Domingo 20: 08:30 a 14:30


O prezo da inscrición é de 295 euros, que inclúen a dotación de material, que a entidade valora en 100 euros. O curso está financiado a través de Fundae. Os trámites poden realizarse a través da seguinte ligazón: https://www.forgaltalent.com/contacto-fisioterapia/.

A actividade formativa está destinada a fisioterapuetas e logopedas e un límite de asistencia de 20 prazas. Vai estar impartido por Ana Martín Nieto.

Para calquera dúbida pódese consultar con Renacer en direccion.renacerdca@outlook.es ou non 664 349 309.

Arquivada en:
Recursos de Atención > Mapa de recursos > DCA Ourense