Unha vida salvada merece ser vivida
con dignidade

Noticias 

© Xunta de Galicia | 26/09/2019 | O presidente de FEGADACE (primeiro pola esquerda) e o director de Alento (terceiro pola esquerda) presencian como a conselleira de Política Social se dirixe aos medios

Alento puxo en marcha o seu servizo residencial para persoas con dano cerebral

A conselleira Fabiola García anunciou que Política Social financia 15 prazas neste novo recurso.

26/09/2019 | Vigo

A conselleira de Política Social, Fabiola García, anunciou este luns que o goberno financia 15 novas prazas de atención residencial a persoas con dano cerebral adquirido en Alento, por un investimento total de 334.000 euros anuais.

A asociación de dano cerebral de Vigo puido poñer en marcha recentemente o servizo residencial, previsto desde o inicio do deseño do seu centro en Navia, grazas ao concerto destas prazas.

Ademais desta medida, increméntase en 16 a oferta de prazas públicas no centro de día da entidade, ata chegar ás 57.

A conselleira de Política Social estivo acompañada pola delegada territorial da Xunta en Vigo, Corina Porro, polo presidente de FEGADACE, Luciano Fernández, e polo director, Gonzalo Mira, e equipo profesional do centro de día e da residencia de Alento.

Máis información sobre o Servizo Residencial na web de Alento.
Máis información sobre a visita da conselleira na web da Xunta de Galicia.

Arquivada en:
O Dano Cerebral > Fases do dano cerebral > E despois que?
Recursos de Atención > Mapa de recursos > Alento Asociación de Dano Cerebral (Vigo - Pontevedra)