Unha vida salvada merece ser vivida
con dignidade

Noticias 

© Coruña Gráfica | 08/11/2019 | Begoña Hermida, directora de Fegadace, presentando "O mundo púxose ao revés"

Presentación de 'O mundo púxose ao revés' nas Xornadas de Medicina Gráfica

Este ciclo de actividades sobre banda deseñada e saúde celebrouse os días 6,7 e 8 na Coruña.

11/11/2019 | A Coruña

Os días 6, 7 e 8 de novembro celebráronse as Xornadas Medicina Gráfica, un ciclo de actividades sobre banda deseñada e saúde, organizadas polo proxecto Coruña Gráfica na Domus da Coruña.  Fegadace estivo presente nestas xornadas, onde estreou a curtametraxe de animación 'O mundo púxose ao revés. Historias sobre o dano cerebral adquirido', realizado polo ilustrador Miguel Gallardo co apoio da Deputación Provincial da Coruña. A directora da federación, Begoña Hermida, foi a encargada de presentar o proxecto e amosar outros traballos relacionados coa banda deseñada realizados polo movemento asociativo do dano cerebral adquirido.

Ao longo destas tres xornadas, os asistentes puideron desfrutar, entre outras actividades,de proxeccións, mesas de debate ou unha exposición centradas nunha nova corrente que utiliza a banda deseñada como terapia e medio divulgativo para ilustrar sobre os temas relacionados coa saúde.

Este proxecto de sensibilización sobre esta discapacidade a través desta peza audiovisual ten como obxectivo poñer en relación as causas do dano cerebral adquirido coas súas consecuencias ou secuelas. A curtametraxe xa está dispoñible para a súa visualización na canle de Youtube da federación.

 

Arquivada en:
Que facemos > Servizos > Sensibilización
Recursos de Atención > Mapa de recursos > Federación Galega de Dano Cerebral (FEGADACE)