Unha vida salvada merece ser vivida
con dignidade

Noticias 

Teatro e música solidarios para apoiar o traballo de Adaceco

A Coruña e Culleredo serán escenario este domingo de dous eventos culturais solidarios coa asociación.

15/11/2019 | A Coruña

O domingo 17 de novembro, A Coruña e Culleredo serán os escenarios de dous eventos culturais organizados por diferentes entidades para apoiar ao traballo que diariamente realizan na asociación Adaceco coas persoas con dano cerebral adquirido e as súas familias.

O primeiro dos eventos trátase da obra de teatro 'Cartos non hai', da compañía de teatro da Escola Municipal do Concello de Zas. Esta comedia poderase desfrutar no Edificio de Servizos Múltiples do Burgo, no Concello de Culleredo, a partir das 17 horas. A entrada é libre, pero os asistentes poden facer as súas aportacións á asociación.

Por outra banda, a Sala Garufa Club da Coruña acollerá un dobre concerto organizado pola Rock School da cidade herculina. Serán dous pases, ás 18:50 e ás 21:30, onde poderanse ver a diferentes grupos da cidade. O recadado na venda de entradas, que xa está dispoñible na sede da escola, na Rúa Clá y Cancela nº22, destinarase íntegramente a apoiar as actividades realizadas por Adaceco

Arquivada en:
A Federación > Que é FEGADACE
Recursos de Atención > Mapa de recursos > Asociación de Dano Cerebral da Coruña (ADACECO)