Unha vida salvada merece ser vivida
con dignidade

Noticias 

FEGADACE súmase á campaña 'En negro contra as violencias machistas'

A federación vístese de negro polo Día Internacional contra a Violencia de Xénero

22/11/2019 | Santiago de Compostela

Un ano máis a Federación Galega de Dano Cerebral súmase á iniciativa 'En negro contra as violencias machistas', xurdida no Concello de Santiago e que xa se desenvolve en toda Galicia, e que busca sensibilizar á poboación contra as violencias machistas, con motivo da conmemoración o vindeiro 25 de novembro do Día Internacional contra a Violencia de Xénero.

O movemento asociativo da discapacidade, a través da Fundación CERMI Mujeres, quere denunciar a situación na que se atopan miles de mulleres con discapacidade, que sobreviven á violencia de xénero en todas as súas manifestacións: económica, laboral, psicolóxica, física, institucional, simbólica...  Ademais, reclama que a falta de infraestructuras totalmente accesibles non permite unha atención eficaz ás mulleres con discapacidade víctimas de violencia. Podes acceder ao manifesto completo elaborado por Fundación CERMI Mujeres nesta ligazón.

Desde FEGADACE se quere poñer o aceno tamén na vulnerabilidade das mulleres coidadoras que, en moitas ocasións, vense obrigadas a deixar os seus traballos, renunciando á súa independencia, xa que son na maioría das ocasións as persoas encargadas da atención ás persoas que se atopan en situación de dependencia.

Por todo isto, FEGADACE decidiu unirse a esta campaña e tinxir, un ano máis, a súa oficina de negro.
 

Arquivada en:
Demandas do Colectivo > Documentos políticos
Recursos de Atención > Mapa de recursos > Federación Galega de Dano Cerebral (FEGADACE)