Unha vida salvada merece ser vivida
con dignidade

Noticias 

© Adaceco | 26/11/2019 | Fragmento do tríptico do curso

ADACECO organiza un curso de control postural para profesionais

A formación, dirixida a terapeutas ocupacionais e fisioterapeutas, vaise desenvolver no mes de febreiro.

26/11/2019 | A Coruña

A independencia e a autonomía das persoas con afeccións neurolóxicas está moi relacionado coa capacidade para recuperar o control postural e a función das extremidades superiores. Por iso, Adaceco pon en marcha o curso 'Control postural como requisito da Función da Extremidade Superior no adulto'. que vai desenvolver nas súas instalacións os días 7, 8 e 9 de febreiro.

Esta formación busca dotar aos/ás profesionais de habilidades para a análise das alteracións da extremidade superior e o control postural, ademais de fomentar a destreza no manexo das mesmas. O curso vai analizar o control postural e como promovelo desde diferentes perspectivas co obxectivo de aumentar a independencia, funcionalidade e calidade de vida das persoas.

O curso está dirixido a profesionais da terapia ocupacional e da fisioterapia, así como a estudantes do último ano de ambas titulacións. A inscrición xa está aberta ata o vindeiro 7 de xaneiro no seguinte formulario e poderase obter máis información chamando ao teléfono 981 07 52 59 ou no correo electrónico formacion@adaceco.org.

Arquivada en:
Recursos de Atención > Mapa de recursos > Asociación de Dano Cerebral da Coruña (ADACECO)